ConcellosQuirogaÚltima hora

Trasladado en helicóptero un operario en Quiroga tras caerlle unha árbore enriba

 

O 112 Galicia vén de informar dun accidente laboral que se producía ao fío das 09:30 horas deste luns, cando a un operario lle caía unha árbore enriba no municipio de Quiroga, e do que tiña coñecemento a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado no que o operario foi evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Ata o lugar dos feitos, unha zona de difícil acceso no Monte Alto da Conchada, no municipio de Quiroga, tamén acudiron os axentes da Policía Local e da Garda Civil e os efectivos do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, tras ser alertados polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button