Na madrugada deste sábado 10 de maio, un traballador era trasladado logo de caer co seu camión por un terraplén nunha zona en obras, en San Cibrao das Viñas.
Tal como indican dende o 112 Galicia, os feitos tiñan lugar uns vinte minutos antes da 1:00 horas, na zona do túnel Rante. “Segundo a información recollida un traballador caera co seu camión de volquete por un barranco, co condutor ferido logo do accidente”.
Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de San Cibrao, do GES do Pereiro de Aguiar e da Garda Civil.
“Os servizos de emerxencias lograron acceder ata a vítima, que presentaba un golpe importante na cabeza, para que logo fose trasladada polo persoal sanitario ata o hospital de referencia”, informan.