OurenseÚltima hora

Trasladadas dúas persoas ao hospital tras declarase un incendio nunha vivenda en Verín

 

Esta madrugada, en concreto en torno ás 4:56h., varios particulares chamaban ao 112 Galicia para alertar dun incendio nun piso dun edificio situado na avenida de San Lázaro, en Verín. De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Verín, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

Debido ao incendio, informa o 112 Galicia, “foi necesario desaloxar por completo o inmoble, e, “unha vez finalizada a súa intervención, os bombeiros indicaron que o lume afectara á totalidade do teito da vivenda e que a acumulación de auga empregada na extinción podía provocar o desprendemento de restos e a caída de rescoldos”.

Pola outra banda, o persoal sanitario confirmou o traslado de dúas persoas ao Hospital de Verín.

Back to top button