Cunha coidada decoración, tanto no exterior como no interior das súas instalacións, recibía na noite do 31 de outubro o Casino do Barco aos participantes na súa “Festa de Halloween”. A celebración comezaba cunha cea só para socios, ás 22h. O medio de cento de comensais asistentes desfrutaba dunha cea cun menú, servido por Mantesil, a base de crema de cabaza, langostino, costela, viños, sobremesa, café e chupitos. E, despois, a festa continuaba con baile e coa participación dunhas 80 persoas.
Para a tarde deste 1 de novembro está prevista, ademais, unha festa infantil, con merenda e animación a partir das 18h.
Fotos cedidas.
