EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Trece adegas participarán nesta edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño de Valdeorras, do 3 ao 5 de maio

Inauguraranse o venres 3 de maio, a partir das 20 horas, no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras

Participantes na anterior edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño de Valadeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Ruta do Viño de Valdeorras está a ultimar os detalles dunha nova edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ coa que pretende amosar o seu territorio e que se celebrará na semana do 3 ao 5 de maio, buscando “incentivar o desenvolvemento do enoturismo coma un dos máis importantes atractivos da comarca”.

As primeiras das cinco xornadas que se celebrarán en Galicia, inauguraranse o venres 3 de maio, a partir das 20 horas, no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras. Este ano participarán trece adegas valdeorresas que se poden visitar mediante os buses do viño ou por conta propia durante a fin de semana.

Os participantes poderán gozar dunha gran variedade de actividades que farán que a súa visita a Valdeorras se convirta nunha experiencia enoturística inolvidable. Por só destacar algunhas das moitas opcións que se ofrecerán, os visitantes poderán descubrir a importancia histórica da viticultura na comarca, disfrutar de showcookings protagonizados por algúns dos pratos tradicionais máis coñecidos da comarca maridados cos viños da Denominación de Orixe, saborear xantares tradicionais amenizados cos sempre divertidos cantos de taberna; ou visitar algúns dos monumentos máis importantes da provincia de Ourense, coma o santuario barroco das Ermidas ou o Castelo medieval do Bolo.

Na ‘Primavera de Portas Abertas’ tamén se poderá participar en outras divertidas actividades coma xogos participativos e ilustrativos da cultura vitivinícola, rutas en bicicleta eléctrica que rematarán cunha cata maridada nunha cova subterránea; ou andainas en plena natureza que permitirán descubrir paisaxes únicos de gran beleza, como as do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Ademais, todos aqueles que opten por gozar desta proposta a primeira fin de semana de maio, contarán tamén con ofertas en aloxamentos e menús especiais preparados nos establecementos da zona que colaboran activamente coa ‘Primavera de Portas Abertas’.

A axenda completa destas xornadas en Valdeorras poden consultarse nas webs da Ruta do Viño de Valdeorras e de Turismo de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button