CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tres corais participarán no Concerto de Outono do Orfeón Valdeorrés, no Barco

A actuación será o vindeiro sábado 29 de outubro ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo

O Orfeón Valdeorrés na novena do Cristo, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Orfeón Valdeorrés prepárase para celebrar o seu tradicional Concerto de Outono previsto para o vindeiro sábado 29 de outubro ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco. Unha actuación na que estará acompañada por dúas corais: Santa Eulalia de Donas e La Salle de Santiago de Compostela.

Cada unha das agrupacións corais interpretarán varios temas. No caso do Orfeón Valdeorrés cantarán catro pezas: Foliada de Olas, popular armonizada armonizad por J. Domínguez; A solas tú y yo de R. Guirao; Te digo adiós, de J. Busto; e Barco de Valdeorras, habanera de J.R. Mansilla.

O repertorio da Coral Santa Eulalia de Donas inclúe: Flor Tropical, de F. A. Rey Rivero; Nosa Señora da Guia, de
F. A. Rey Rivero; Usted, de José Antonio Zorrilla Martínez e música de Gabriel Ruiz Galindo; Viento del Norte, de Hermanos Agüero; e El Menú de Miguel Arregui Trecet.

E no caso da Coral La Salle, interpretará La playa del querer, popular; Esta Tierra, de Javier Busto; Caracola, Letra e música de J.L. Giménez Lago e armonización de J. Excurra; Os meus amores, habanera; e Soidades, de Rey Rivero.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button