
O Coro “Xorrecer” de Valdesouto e o Coro mixto “San Pedro” de Cudillero, ámbolos dous de Asturias, son os convidados do Orfeón Valdeorrés para participar no Concerto de Outono que se celebrará o sábado 18 de novembro no Teatro Lauro Olmo no Barco de Valdeorras.
Tal como avanzan dende o Orfeón, organizador do festival en colaboración co Concello, cada coro interpretará seis cancións de temática variada. O Coro San Pedro cantará: Ave María (Julio Domínguez); Esta tierra (Javier Busto); Rosina (Gonzalo Casielles); Habanera divina (Manuel Massotti Littel); Los hombres son unos tunos (J. Trayter); e Melodías Antillanas (Armando Bernabeu).
O Coro Xorrecer, que asistirá con 18 coralistas e tres acompañantes, fará un percorrido polo seu repertorio e interpretará: Como la flor (E.M.Torner); La caña dulce (Manuel Massotti Litiel); Santa Bárbara bendita (Popular asturiana); Solamente una vez (A.Lara); Can’t help falling in love (Efrind Dengse); e Brindis (Mozart).
Por último, o anfitrión, o Orfeón Valdeorrés dirixido por José Ramón Mansilla, cantará: A caracola ( J.L. Giménez Lago. Armonización J. Ezcurra); Popurrí galego (Popular. Arr. M. Ángel Viro); Txoria Txori (Nerea izango zen. J.A. Artze-Mikel Laboa. Arm. Javier Busto); Soneto 66 (Javier Busto); A solas tú y yo (Bolero. Ricardo Guirao); e Alma llanera (Joropo venezolano. Arr. Humberto Sagredo).
