ConcellosÚltima hora

Tres falecidos e dous feridos nun grave accidente de tráfico na N-VI, en Carracedelo

 

Esta mañá producíase un accidente de tráfico no quilómetro 398 na estrada N-VI, Carracedelo, na veciña comarca do Bierzo. Segundo o aviso que se recibía no 1-1-2 de Castela e León ás 9:20h, os alertantes dicían que un camión e unha ‘pick up’ chocaron frontalmente, e que había tres persoas feridas no turismo que necesitan asistencia sanitaria e están atrapadas.

A partir de aí 1-1-2 daba aviso deste accidente á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Ponferrada e a Emerxencias Sanitarias – Sacyl, que envíaba dúas ambulancias de soporte vital básico, unha UVI móbil, o persoal sanitario do centro de saúde de Cacabelos e un helicóptero medicalizado.

O persoal sanitario que acudiu ao lugar confirmou o falecemento de tres homes de 29, 49 e 43 anos, e atendeu a dous feridos, o condutor do camión, un home de 59 anos, que foi atendido no lugar e un home de 19 anos que foi trasladado ao Hospital de León en helicóptero medicalizado.

Artigos relacionados

Back to top button