
A Academia de Danza Bayadère (O Barco de Valdeorras), comeza esta fin de semana a tempada de competicións, con tres grupos que participarán no CND Anaprode que se celebrará no Auditorio Municipal de Ourense.

O concurso CND Danza é “o maior evento de danza de España, polo cal pasan cada ano miles de artistas que demostran o seu talento sobre o escenario”, indican dende a organización, destacando que son un concurso, non unha competición. “Non buscamos rivalidade, senón harmonía e amizade cun intercambio artístico entre as escolas do noso país”.

Trátase dun concurso nacional que se celebra por zonas. Na de Ourense participarán escolas das catro provincias galegas e tamén de Asturias, Burgos, Cantabria, Xixón, León, Palencia, Santander, Valladolid e Zamora. “Os gañadores irán á fase nacional e de aí á final europea”, explica a profesora de Bayadère, Nuria Reguera, adiantando que dende O Barco irán tres grupos: un dúo de Musicais; un trío de Jazz Fusión; e sete bailarinas de Urbano.
Fotos cedidas.