A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Tres imaxes na Procesión do Encontro, na parroquia ruesa de Santo Estevo

 

Coa ollada posta no ceo que amenazaba chuvia e finalmenete respectou, primeiro San Xoán, despois a Virxe e por último Xesús Nazareno, saían as tres imaxes que na mañá deste Venres Santo (29 de marzo) protagonizaban a Procesión do Encontro na parroquia de Santo Estevo, na Rúa.

 

 

Tralo Vía Crucis polas rúas, as imaxes levadas a ombros polos costaleiros (cos túnicas vermellas, os máis novos encárganse de de San Xoán; de negro, as mulleres fano da Virxe; e de morado os maiores, do Nazareno) as tres imaxes encontrábanse na praza César Conti. Mentres, o párroco Severino Pérez dirixíase, con solemnidade, aos asistentes dende un balcón da praza, e o coro entonaba os cánticos.

 

 

Os cultos da Semana Santa na Rúa Vella continúan esta tarde ás 19:30 horas co sermón das 7 palabras, o desencravo e a Procesión do Santo Enterro.

Fotos e Vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button