DeportesPiraguismoÚltima hora

Tres medallas para a padexeira valdeorresa Kissy Torres no mundial de veteranos sprint

 

Ata en tres ocasións se subía ao podio a valdeorresa Kissy Torres no mundial de veteranos sprint que se desenvolvía na pasada fin de semana en Bulgaria e no que competía na categoría mixta. O K2 mixto desta piragüista (que compartía con Adolfo Monteagudo)  impoñíase nos 5.000 m na categoría de 45 a 54 anos, tamén se clasificaba segunda en K2 200 e era terceira no K4 na distancia de 500 m en categoría 35 a 54.

Fotos cedidas.

Back to top button