DeportesKárateÚltima hora

Tres membros do River Stone do Barco, clasificados para a final da Liga Nacional de Karate

Manuel Blanco, Eric Rodríguez e Leire Paradelo co mestre, Nicolás Rodríguez./ Foto cedida.

 

O deporte non descansa neste mes de decembro e os deportistas, tampouco. Manuel Blanco, Eric Rodríguez e Leire Paradelo son os tres membros do Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras, clasificados para participar na final da Liga Nacional de Karate, na modalidade de kata benjxamín, que terá lugar na fin de semana do 17 e 18 de decembro na Coruña.

Na liga nacional o nivel é moi alto polo que xa é un gran logro que os tres cativos resultaran clasificados e agora só queda “esperar acontecementos de cara á fin de semana”, din orgullosos dende o club valdeorrés.

 

Artigos relacionados

Back to top button