OurenseÚltima hora

Tres podios para o CNPO no Encontro de Menores de Duatlón, no Pereiro de Aguiar

Álvaro Cobelas vencía na categoría Infantil, Lucas Novoa conseguía a 2ª posición en Prebenxamín e Nina Villar tamén era segunda en Benxamín

 

Moi intensa e positiva foi esta fin de semana para o Club Natación Pabellón Ourense (CNPO). As competicións comezaban xa o venres 14 de maio co Campionato de España Máster de Fondo no que o nadador Manolo García Colomo lograba o 4º posto na proba de 3.000 metros. Na mesma competición, pero dous días máis tarde Manolo subía ao segundo chanzo do podio na proba de 800 metros libre.

O sábado 15 de maio disputábase a Liga Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Infantil ademais dun control de marcas, para nadadores Júnior e Sénior entre o Club Deportivo Miraflores, o Club Natación Monforte e o Club Natación Pabellón Ourense. “Había ganas de competir e iso reflectiuse nas marcas, pois case todos os nadadores facían o propio e batían as súas mellores marcas”, asegura o director deportivo do CNPO Santiago Escudero, destacando en que foi unha competición con moita participación e antesala do 49º Trofeo Pedro Escudero que se celebrará o vindeiro 29 de maio, e da final da Copa Dputación 2021 prevista para o día 30.

O equipo de duatlón foi o protagonista do domingo día 16 no Pereiro de Aguiar onde se disputaba o encontro de menores desta disciplina, logrando tres podios. Lucas Novoa conseguía con tan só 7 anos a segunda posición na categoría Prebenxamín (200 metros de carreira, 800 metros de bicicleta e 100 metros de carreira). Outra segunda posición conseguía Nina Villar na categoría Benxamín (400 metros de carreira, 1.600 metros de bicicleta e 200 metros de carreira). En Alevín, Lucas Barja entraba en undécima posición (800 metros de carreira, 2.400 metros de bicicleta e 400 metros carreira); e en Infantil, Álvaro Cobelas quedaba en primera posición (1.200 metros de carreira, 2.400 metros de bicicleta e 800 metros de carreira.

Ese mesmo día, os integrantes do equipo Máster desprazábanse ata Mos para medirse ao resto de clubs na liga galega de natación, batendo todas as súas mellores marcas e “demostrando estar forma de cara ao Campionato Galego de Natación Máster que se disputará no vindeiro mes de xuño”, adianta Santi Escudero.

Fotos: CNPO

Artigos relacionados

Back to top button