SanidadeÚltima hora

Tres positivos de Covid no cribado realizado a veciños de Trives, Manzaneda e Río

 

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco veñen de facerse públicos os resultados do cribado poboacional de Covid-19 realizado onte no polideportivo de Trives e ao que estaban citados 800 veciños (de entre 18 e 75 anos) dos concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río.

En total acudían a este cribado, mediante probas PCR, acudían unhas 607 persoas, o que supón un 75,8% de participación. Como resultado das probas detectábanse 3 positivos de coronavirus, tal e como vén de informar Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button