ConcellosQuirogaÚltima hora

Tres vehículos danados por unha saída de vía na vila de Quiroga

 

Unha saída de vía dun vehículo que se producía na pasada madrugada remataba con tres vehículos danados en plena vila de Quiroga. Un deles bateu contra outros dous que estaban estacionados preto do pavillón de deportes municipal.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse á 1:30 horas de hoxe, e ao lugar dos feitos acudiron os medios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender a un ferido, os axentes da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico e os membros do GES de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button