ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Trives abre a Semana das Letras con sendeirismo, lecturas e música

 

Camiñando entre versos iniciábase este 17 de maio, e con unha semana especial de programación polas Letras Galegas, en Trives. Así nesta mañá facíase unha ruta familiar por algúns dos sendeiros do municipio, e nese marco de natureza, os participantes ondeaban a bandeira galega e reciban versos de Xela Arias, autora homenaxeada este ano.

 

 

Por outra banda, dende a biblioteca municipal realizábase unha gravación do voluntariado da lendo poemas de Xela Arias, lectura que estaba acompañada pola música dos instrumentos tocados por Sandra e Farruco (cos temas do compositor Ricardo Courtier: “Flor de cardo” e “Villoria”.

 

 

“Son 59 anos do Día das Letras Galegas! Hoxe, honramos a voz poética de Xela Arias que tamén camiñou na literatura infantil con contos que ben valerían para nenos/as e adultos”, destacan dende o Concello de Trives, que ademais dende as redes sociais animaba “a participar aos máis pequenos da nosa cultura” con diferentes propostas.

O programa da Semana das Letras continúa

A Semana das Letras Galegas continuará nos vindeiros días con novas propostas. O día 23 de maio poderá verse o espectáculo “Xela fala coa natureza”, que combina “de forma maxistral a música, a poesía e diferentes técnicas de circo”, tal e como se adianta dende o Concello de Trives. A protagonista do espectáculo é unha actriz de referencia nomeada este ano aos Premios Goya 2021, como mellor actriz de reparto, Rosa Puga Davila.

Finalmente, para o día 29 de maio ás 19:00h está prevista a proxección do documental “Xela Arias. Poeta nas marxes” na Casa da Cultura de Trives.

Fotos e vídeos: cedidos polo Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button