ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives amosa a súa solidariedade e repulsa polo asasinato de tres mulleres en Valga

 

Os veciños da Pobra de Trives concentrábanse ás 19h. deste martes 17 de setembro diante do seu Concello como mostra de solidariedade e de repulsa ao triple crime machista de onte en Valga (Pontevedra). Gardábase un minuto de silencio e, despois, o tenente de alcalde e representantes da asociación de mulleres Anaral colocaban nunha praza próxima ao Concello unha rosa banca por cada unha das vítimas.

Seguidamente a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, deixaba unha planta de cor violeta en cuxa maceta ía inscrito un texto relatando o suceso de Valga e recollendo o sentir de repulsa ante este asasinato. “Só deixamos unha planta porque só unha, segundo a lei, será vítima de violencia de xénero. É por iso polo que ademais deixamos unha rosa por cada unha das tres mulleres”.

Ademais no balcón da Casa Consistorial instalábase, en colaboración coa CIM de Trives, unha pancarta co lema “Trives contra a violencia de xénero. Non hai excusas contra o maltrato”. Patricia Domínguez destacaba “a colaboración de todos e a asistencia da veciñanza aos que por suposto lles agradecemos a súa presenza xa que esta lacra nos salpica a tod@s e isto é unha mostra de solidaridade e repulsa polo acontecido”.

Este acto foi convocado polo Concello da Pobra de Trives en colaboración con Anaral (que cada vez que se produce unha vítima por violencia de xénero deixa unha planta na citada praza) e co CIM deste municipio.

Artigos relacionados

Back to top button