ConcellosTrivesÚltima hora

Trives amosa o seu rexeitamento á violencia machista

 

No exterior do Concello de Trives gardábase esta mañá un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista, cunha especial mención ás pequenas Olivia e Anna. Ademais procedíase a dar lectura a un manifesto para que se indicaba que o “Concello da Pobra de Trives súmase a todas as mostras institucionais e ou particulares de rexeitamento á violencia machista en todo caso e momento e por suposto, tamén agora coa confirmación da morte da pequena Olivia vítima directa da violencia vicaria, ao igual que a súa irmá e por suposto a súa nai a quen lle trasladamos o noso fondo pesar”.

Así memo indicábase que “non podemos esquecer a responsabilidade das administracións públicas de loitar contra esta lacra social, pero tampouco podemos esquecer o necesario que resulta que a cidadanía de xeito global, sexa consciente do peso das actuacións individuais: aprendendo, reflexionando, educando, entendendo que esta loita non é unha cuestión de ideoloxía, senón de defensa de dereitos humanos”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button