ConcellosTrivesÚltima hora

Trives amplía as prazas gratuítas de estacionamento cun novo aparcadoiro ao aire libre

Está en Vista Alegre e trátase do segundo párking destas características do municipio, sumándose ao da Barreira, con capacidade para 200 vehículos

 

O Concello da Pobra de Trives vén de poñer a disposición da poboación un novo aparcadoiro ao aire libre na zona de Vista Alegre. As instalacións, que contan con capacidade para medio cento de vehículos, liberarán as rúas do centro da vila.

Os condutores xa poden facer uso deste párking despois de que nos últimos días se instalase a sinalización que informa do seu emprazamento.

Con esta medida, o executivo local da Pobra de Trives pretende “desconxestionar o tráfico na vila, especialmente nos meses nos que hai máis afluencia de visitantes e as rúas énchense de vehículos”.
Este novo aparcadoiro de Vista Alegre é o segundo destas características que se habilita no municipio e súmase ao da Barreira, con capacidade para un total de 200 coches.

Artigos relacionados

Back to top button