ConcellosÚltima hora

Trives celebra o Día Internacional do Neno cun obradoiro infantil

Terá lugar o vindeiro xoves 22 de novembro a partires das 16:30h. na biblioteca

Desde a Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives están a preparar a celebración do Día dos Dereitos do Neno e da Nena para o vindeiro xoves 22 de novembro. Farano cun obradoiro que se desenvolverá entre as 16:30h. e as 17:30h. e que terá lugar na Biblioteca, en Santa Leonor.

A actividade está pensada para cativos desde os 3 ata os 12 anos. No caso de nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 6 anos, éstes deberán estar acompañados por unha persoa adulta. “Con estas actividades, preténdese concienciar, desde a diversión e o entretemento, da importancia de dar aos máis pequenos a oportunidade e o dereito de gozar da súa infancia”, indican dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button