ConcellosEn portadaTrivesÚltima hora

Trives celebra o seu “Entroido de Verán”, con multitude de propostas, nesta fin de semana

A vila vivía unha animada xornada con numerosas persoas percorrendo o mercadiño e tamén desfrutando das terrazas

 

Nesta fin de semana Trives celebra o seu Entroido de Verán e a Mostra de Patrimonio Inmaterial. Os actos comezaban na tarde-noite de onte venres e terán continuidade ata o domingo con propostas xa habituais como os cantos de taberna, música nas rúas, un mercadiño na zona vella, un torno de billarda, concertos e por suposto o desfile de folións, previsto para a tarde do domingo con saída ás 18:30h. dende a Barreira.

 

 

Esta celebración, organizada pola Asociación A Caniceira, animaba as rúas que se enchían de persoas que visitaban o mercardiño, con multitude de postos de todo tipo, e tamén aproveitaban para descansar e tomar algo nas terrazas  dos establecementos de hostalaría e mesmo para mercar doces propios da zona como a bica nas súas panaderías e pastelerías. Tamén había persoas que despois se xuntaban no fermoso patio interior da súa casa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button