O Concello da Pobra de Trives dá comezos aos actos do 25N: iluminación da fachada da Casa do Concello. Para mañá está pevista a ambientación da fachada do Concello con motivo dos actos organizados en torno ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Ademais, no Auditorio Xulio Vázquez ás 11,35h gardarase un minuto de silencio e darase lectura a un manifesto institucional. Ás 11,45h: Presentación da exposición virtual de Ana Peaguda, quen explicará a súa obra e a importante reivindicación que amosa: “Acrílico sobre cincuenta sombras de grey y lorazepam”.
Ao remate haberá un coloquio almorzo con chocolatada e bica de Trives e un faladoiro sobre a loita contra a violencia de xénero.
Por outra banda, o día 29 o Concello achega ao IES Xermán Ancochea Quevedo unha actividade para o alumnado: un taller de “Violencia de xénero no novo contexto dixital” impartido por Pantallas amigas; unha iniciativa por un uso seguro e saudable de internet e outras TIC na infancia e a adolescencia.