ConcellosTrivesÚltima hora

Trives notifica un positivo por Covid

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Trives vén de confirmar na tarde deste 1 de xaneiro un caso activo de Covid-19. “No día de hoxe vimos de ter confirmación da detección mediante un test de antígenos, de 1 positivo na Pobra de Trives. Nas próximas horas e días farase o seguemento da cadea de contactos. Trátase de un novo caso que non parece -a priori- ter relación cos contaxios dos concellos veciños”, segundo informaba o Concello a través dun comunicado.

Ademais, dende o Concello de Trives lémbrase “a importancia do cumprimento das normas: o toque de queda débese cumprir por todos, emprego de máscara, distancia de seguridade e cumprimento da limitación en reunións, hixiene e sentidiño. Pedimos responsabilidade individual e colectiva”.

Con este positivo, son xa un total de 4 os rexistrados nas últimas horas na área do PAC de Trives, que nas últimas semanas estaba libre de virus: 2 en San Xoán de Río, 1 en Manzaneda e 1 en Trives.

Artigos relacionados

Back to top button