ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Trives e Río consolidan un novo modelo de “xestión medioambiental” co apoio económico da Xunta

Ambos concellos veñen de comunicar que se lle dá "luz verde ás brigadas medioambientais conxuntas", unha das propostas deste proxecto conxunto

 

“Tras dous anos de duro traballo buscando un modelo medioambiental para esta zona da Ribeira Sacra baseado nos modelos máis avanzados do norte de Europa”, os Concello da Pobra de Trives e de San Xoán de Río, veñen de anunciar que nesta semana recibiron “a cofinanciación por parte da Xunta de Galicia para a creación dunha brigada medioambiental, unha das acción contempladas neste plan”, tal e como daban a coñecer a través dun comunicado.

Río e Trives aseguran que “temos a oportunidade de demostrar que mudamos a nosa política medioambiental e poder converter esta zona de Galicia nun referente a nivel europeo do coidado da nosa paisaxe”. Ademais indican que “con este proxecto conséguese un control sobre as zonas medio ambientais, un beneficio que adquire especial relevancia na actual conxuntura local, pola sensibilización actual da conservación do medio ambiente e do planeta”.

Así mesmo, a través desta iniciativa plantexan “unha prevención contra riscos de carácter persoal como poden ser os incendios, que afectan tanto os núcleos de poboación como as zonas naturais”. Entre os beneficios deste novo modelo e das actuacións propostas, estes dous concellos destacan “o beneficio ambiental (natural, territorial e patrimonial); conservación, restauración e reposición do ambiente como ben protexido; compensación e reequilibrio ambiental e territorial; crecemento da flora e da fauna local; prevención de riscos; prevención de riscos de incendios, prevención de contaminación de especies; prevención de contaminación de terras e augas; beneficio económico”, xunto cun “maior atractivo turístico e maior afluencia de visitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button