
Os Concellos da Pobra de Trives e de San Xoán de Río veñen de manifestar, a través dun comunicado conxunto, o seu pésame polo falecemento de Ana Goy Diz, catedrática de Historia da Arte. “Toda a nosa solidariedade e o noso afecto nestes momentos tan difíciles á súa familia e ás súas amizades”, sinalan.
Ademais ambos Concellos resaltan que Ana Goy “foi unha das persoas que apoiaron decisivamente a inclusión de Trives e de Río na Ribeira Sacra. Os seus estudos foron moi importantes no apoio ás peticións feitas pola alcaldesa e polo alcalde pra que a candidatura a candidatura a Patrimonio da Humanidade contase con ambos municipios. Non esqueceremos esas reunións con ela que tanto aportaron aos nosos pobos e a nós persoalmente”.
Imaxes cedidas.