Chandrexa de QueixaConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Trives, Manzaneda, Río e Chandrexa poderanse incorporar ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Así o acordaba o pleno deste organismo na sesión plenaria celebrada hoxe na Pobra do Brollón

 

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra celebraba na mañá deste xoves a primeira sesión plenaria do ano no Salón de Plenos do Concello da Pobra do Brollón. Un dos puntos da súa orde do día era a proposta da presidencia de “inicio de expediente de adhesión dos concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, San Xoán de Río, O Pereiro de Aguiar e A Pobra de Trives de conformodidade ao novo mapa de xeodestinos de Galicia”, unha proposta que resultaba aprobada.

Entre os asuntos da orde do día tamén figuraban a probación do borrador da acta anterior, as achegas pendentes ordinarias e ao PST (Plan de Sostibilidade Turística), a aprobación achegas 2023 e o informe da presidencia e da xerencia no que se daba conta da situación da execución dos plans e convenios vixentes, balance global do ano 2022 e perspectivas 2023.

Así, o pleno do consorcio as achegas do 2023 e a proposta da presidencia de ampliación do Consorcio de Turismo para ser equiparado ao novo xeodestino aprobado polo Consello da Xunta de Galicia tal e como recolle . Os membros do Consello Reitor aprobaron as condicións de adhesión que serán trasladadas aos 5 concellos que incorpora o xeodestino e se lles dará un prazo de tempo para valoralas e trasladar a aceptación o rexeitamento das mesmas.

Artigos relacionados

Back to top button