Galerías de fotosÚltima hora

Trives, na reunión da campaña “En Negro contra as Violencias”

O 5 de setembro Trives participaba na reunión informativa celebrada en Santiago en relación coa campaña “En Negro contra as Violencias”. Nela estivo este concello estivo representado pola directora do CIM, Susana Gómez.

“Esta exitosa campaña consiste nunha acción conxunta de visibilización e denuncia das violencias machistas. Con ela comunícase, trasládase e copártese coa cidadanía unha mensaxe de total rexeitamento”, explican dende o Concello trivés.

Este municipio xa participou nesta iniciativa o ano pasado sendo un dos 75 concellos adheridos xunto a 3 Deputacións, e seguirá formando parte deste proxecto un ano máis traballando conxuntamente por un territorio sen violencias.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button