EconomíaEconomíaÚltima hora

Trives prepárase para unha Semana Santa de festa en festa

O vindeiro xoves 12 de abril celebrarase a 1ª Festa da Xuventude con cea e moita música
As Macizas Centrais na pasada edición do Barathón de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

Chea de actividades se presenta esta Semana Santa nas Terras de Trives, xa que diversos colectivos e organizacións levan meses traballando en diversos eventos para o desfrute da poboación.

A primeira das citas ineludibles é a 1ª Festa da Xuventude que se celebrará o xoves 13 de abril. Ese día, ás 21:30h. haberá un gran cocido con produtos da zona. Prezo: 15 euros por persoa (10 euros para os cativos de 8 a 12 anos e 5 para os menores de 8 anos). As entradas pódense mercar ata o martes día 11 na Cafetería Quintela, Cervexería Boliche, Café Bar Sky e Bar O Cafeto. Ás 00:30h. comezará a actuación da orquestra Ledicia onde actúa o artista trivés Maikel Ricoy, e despois a festa continuará coa Disco Móvil Stuu.

A segunda cita será o venres 14 de abril co 6º Barathón de Trives. E xa o sábado 15, pola mañá celébrase a feira de Trives, e pola tarde varios autobuses desprazaranse dende Trives ata a localidade de Seadur para desfrutar da “Ruta das Covas”.

Artigos relacionados

Back to top button