EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Trives promociónase como destino deportivo e de turismo activo en Sportur

Este certame desenvolverase ata o vindeiro sábado 17 de novembro en Expourense

Entre os expositores que poden visitarse no marco de Sportur Galicia-II Salón do Deporte e Turismo Activo está o do Concello da Pobra de Trives. Neste certame, que se inauguraba na mañá do 15 de novembro en Expourense nun acto que contaba coa presenza da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o Concello trivés está a promocionar os seus numerosos recursos como destino turístico deportivo e tamén de turismo activo.

Ademais, no expositor deste municipio tamén se pode atopar información sobre a oferta hostaleira e de aloxamentos coa que conta a zona, entre outras cuestións. Sportur, que reúne a uns 120 expositores e inclúe máis dun cento de actividades, desenvolverase no recinto feiral ourensán ata o vindeiro sábado ás 20h.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button