ConcellosTrivesÚltima hora

Trives promove o consumo no comercio local cunha campaña neste Nadal

 

“Neste Nada consume local. Merca en Trives” é a mensaxe da campaña de apoio ao comercio de proximidade que vén de lanzar de cara ao Nadal o Concello de Trives. “Apostamos polo comercio local dende o inicio; así este cartaz da empresa de deseño gráfico da nosa veciña de Conxenia, dá paso non só a incidir no consumo dos produtos da nosa vila (o empresariado precisa da colaboración de todos e todas), senón tamén, é a antesala do desenvolvemento de accións de sensibilización e promoción do noso”, tal e como se indica dende o Concello trivés.

Nesa mesma liña, no pleno celebrado pola Corporación trivesa en novembro aprobábase unha ordenanza “que posibilitará a posta en circulación de axudas económicas para mercar en Trives e así colaborar co noso tecido empresarial. Para elo, dende o Concello, tomamos a decisión de realizar un esforzo económico para facer o correspondente desembolso que permita levar a cabo esta acción que esperamos comece a aplicarse no vindeiro mes coincidindo coa denominada costa de xaneiro”, adiantan dende esta administración local.

Ademais o Concello de Trives incide na importancia de que “nos axudemos entre todos” e en que “merquemos nos nosos productores, nas nosas empresas, aos nosos autónomos, os nosos produtos”, así como que “presumamos deles porque foron e seguiran a ser guía e exemplo para moitos outros”.

Artigos relacionados

Back to top button