ConcellosGalerías de fotos

Trives recibe a visita de Papá Noel

O entrañable personaxe navideño atendeu as peticións dos cativos na praza do Pilón

Un ano máis A Pobra de Trives recibía a visita de Papá Noel na tarde do 24 de decembro. A praza do Pilón foi o lugar elixido para que o entrañable personaxe recibise aos pequenos que sentados sobre o seu colo amosaban ilusión, sorpresa e ledicia. El, pola súa banda, escoitaba as súas peticións pousando para as fotos.

Coma sempre, o “home de vermello” percorría as rúas da localidade acompañado por membros do Motoclub Os Esquíos, completando a animada tarde, un baile dos cativos vestidos con traxes vermellos e unha fermosa mensaxe: “regalo abrazos”.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button