ConcellosTrivesÚltima hora

Trives recupera o servizo de Policía Local e incorpora 2 axentes

 

Durante este mes o Concello da Pobra de Trives recuperará o servizo da Policía Local, “que ata agora non contaba con ningún axente debido á xubilación do único que había, e que a partir deste mes incorporará a dous que veñen de rematar as súas prácticas e que acaban de firmar a súa acta de toma de posesión. Non só se recupera o servizo, senón que ademais se reforza coa suma dun policía máis dos que había”, segundo o grupo de goberno trivés.

Tras a xubilación do único axente que entón había, parte das competencias propias da Policía Local de Trives, como as relacionadas co tráfico, tiveron que ser transferidas á Garda Civil. Agora é intención da alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, recuperar esas competencias para a Policía Local, para o que se require de aprobación plenaria.

Ademais, durante unha primeira reunión de traballo entre a alcaldesa e os novos axentes tras a firma da acta de toma de posesión, avanzaron na forma en que prestarán novas tarefas e servizos relacionados coa seguridade e a educación viaria, a mellora da seguridade cidadán ou a realización de informes preceptivos para a realización de diferentes tarefas e trámites e que serán competencia da Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button