ConcellosÚltima hora

Trives recupera o seu escudo orixinal estreando sinalizacións

Nel identifícase a este concello como Municipio Turístico Galego, distinción coa que conta dende 1999

Foto: Concello de A Pobra de Trives.

 

Neste 15 de novembro A Pobra de Trives vén de recuperar “o escudo orixinal do noso Concello que nos identifica como pobo reflectíndoo en sinais específicas”, tal e como informa a súa alcaldesa, Patricia Domínguez.

“Dende o ano 1999, A Pobra de Trives é un dos dez concellos da provincia de Ourense que conta coa declaración de Municipio Turístico Galego. É un orgullo para todos os vecinos de A Pobra de Trives estar dentro do grupo de concellos ourensáns e galegos que contan con esta distinción e debemos potenciala e comunicalo ao noso visitante”, asegura a rexedora trivesa.

Patricia Domínguez tamén lembra que para “estar dentro deste grupo, os concellos teñen que ter cada ano una cantidade de visitantes superior ao 25% do total de veciños. Un parámetro que cumpre de sobra o noso concello que cada ano aumenta turistas que se achegan a coñecer as nosas terras”.

Artigos relacionados

Back to top button