ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives rende culto á castaña cun concorrido magosto

 

No patio de Santa Leonor de Trives comezaban a asarse ás seis da tarde deste sábado 9 de novembro os chourizos e a panceta, así como as castañas, que despois se servían no tradicional magosto da Pobra de Trives, xunto con bebidas como viño ou auga. Esta celebración, que reunía a unhas 300 persoas, desenvolvíase nas instalacións do antigo colexio.

Ademais expoñíanse os doces típicos elaborados pola veciñanza que, logo, se degustaban entre os participantes. Eran unha ducia e entre eles había propostas moi variadas, algunhas estaban elaboradas con cabelo de anxo, con castañas, etc.

Cada unha das persoas que participaba cun doce levaba un agasallo propio da comarca e ademais contaban con entrada de balde para o magosto, que era tamén gratuíto para os nenos. O broche deste magosto de Trives era a actuación de Javier Araújo.

Este magosto ten sido organizado polo Concello de Trives e nel tamén se contaba coa colaboración de Protección Civil deste municipio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button