CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Trives volve vibrar ao ritmo dos Cantos de Taberna

Publicidade

 

Tras dous anos de parón, os Cantos de Taberna volvían abrir o Entroido de Verán organizado pola Asociación Cultural A Caniceira, cunha gran festa que arrancaba en torno ás oito da tarde do venres 12 de agosto.

Na 14 edición deste singular percorrido participaban un total de sete grupos: As Macizas Centrais, Sómosche d’herbas, Son do Bibei, San Nordés, Los MariachiLocos, Rondalla Esmorga, A Papuxa e Os Trabazos. Os locais colaboradores nesta ocasión foron: Manolo’s, Sky, Boliche, Cantina do 4, O Cafeto, Bodegón, Quintela, Panadería María, Paíño e San Martín.

A escaseza de auga provocada pola sequía, obrigaba á organización a cancelar a festa da escuma, pero o programa continuaba co mercadiño e o campionato de billarda, na xornada deste sábado 13 de agosto. O prato forte chegará mañá, domingo 14 de agosto co desfile de folións.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button