EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Túnel con 35 viños do Ribeiro, en Prowein

Esta denominación organizaba unha presentación-cata da man do catador alemán David Schwarzwälder

 

Túnel do viño da D.O. Ribeiro en Prowein.

Entre as denominacións de orixe ourensás presentes na edición do 2017 de Prowein, mostra internacional do sector do viño que se celebra en Düssedolrf ata o 21 de marzo, está O Ribeiro. Vén de presentarse no certame cun túnel con 35 referencias de viños (brancos e tintos de 22 adegas) e coa participación presencial de oito adegas (Casal de Armán, Coto de Gomariz, Manuel Formigo, Pazo Casanova, Priorato de Razamonde, Ramón do Casar, Val de Souto y Viña Costeira) no stand de “Vinos de España”, no pavillón de España – ICEX.

Cristina Alcalá, xerente do C.R.D.O. Ribeiro, sinala que “o obxectivo principal de acudir a esta feira é activar as opcións de venda no estranxeiro e explorar as diversas oportunidades de negocio que podan xurdir ao estar en contacto con profesionais de máis de 100 países, así como facer fincapié en afianzar as exportacións, fidelizar clientes e ofrecer información sobre as novas añadas e produtos.”

Asemade para reforzar a participación nesta feira, a D.O. Ribeiro organizou unha presentación-cata sobre a D.O. e 10 dos seus viños (9 blancos e 1 tinto), da man do catador e xornalista especializado alemán, David Schwarzwälder, titulada “Os viños de terroir galego da D.O. Ribeiro”.

 

Pablo Calvo, xefe Dpto. Vinos Icex Alemania e Felicisimo Pereira presidente da CRDO Ribeiro, en Prowein.

 

Esta cata desenvolvíase o domingo ás 12.00 horas no stand do ICEX e resultaba todo un éxito con aforo completo. Durante a charla, “remarcábase o estilo diferencial e singularidade dos viños do Ribeiro, froito da evolución e do bo saber facer das adegas da D.O., para aportar valor á experiencia do consumidor”, segundo o seu consello regulador.

Fotos: CRDO Ribeiro

Artigos relacionados

Back to top button