EconomíaEconomíaÚltima hora

Turismo de Galicia, candidata á mellor administración pública na “implantación da calidade turística no seu territorio”

Camiño de Inverno.

 

A Xunta de Galicia vén de ser seleccionada como unha das seis candidatas a converterse na mellor administración supramunicipal española na implantación de sistemas de calidade turística no seu territorio. A Secretaría de Estado de Turismo, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) outorga cada ano estes premios como recoñecementos público ao labor realizado por profesionais, institución, servizos turísticos e destinos pola mellora de calidade na xestión.

No caso da Comunidade galega, a candidatura pon en valor o traballo levado a cabo por Turismo de Galicia na promoción, difusión e apoio á implantación de sistemas de calidade tanto en empresas como en destinos galegos. En concreto, valórase o traballo do Goberno autonómico a favor dun bo desenvolvemento do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), o proxecto que mellora a calidade dos destinos turísticos en España.

Así, como froito do seu compromiso coa calidade, Galicia participa no grupo de Calidade Turística Española, no seguimento, desenvolvemento e mellora do modelo SICTED desde o ano 2002. E traballa de xeito constante para axudar a implantar este sistema en Galicia a través de distintas accións transversais. De feito, a día de hoxe a Comunidade galega conta con 19 destinos SICTED, o que supón a participación de 194 municipios, isto é, o 61,98% dos concellos galegos traballa coa metodoloxía SICTED. Tamén existen máis de 1.300 servizos turísticos adheridos e recoñecidos co distintivo de Compromiso de Calidade Turística SICTED.

Investigación

A candidatura galega tamén ten en conta a participación dos técnicos nas mesas de calidade dos destinos ou a análise dos resultados da actividade turística co traballo levado a cabo pola Área de Estudos Turísticos e Investigación na realización e difusión das operación e actividades estatísticas oficiais, estudos de investigación de oferta, demanda, impacto económico e análise de tendencias o a súa participación na transferencia de investigación entre os centros públicos de investigación en empresas do sector turístico, entre outras accións. O gañador darase a coñecer en Madrid o vindeiro mes de xaneiro na feira de turismo Fitur 2024.

Artigos relacionados

Back to top button