ConcellosManzanedaÚltima hora

Último día para anotarse no xantar do Magosto de Manzaneda

Imaxe da anterior edición do xantar do Magosto en Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cita coa tradición festiva e gastronómica do Magosto en Manzaneda o vindeiro 11 de novembro ás 14h. na nave municipal do Concello. As persoas interesadas en participar nesta celebración poden adquirir a súa entrada, cun prezo de 5 euros, por persoa ata o vindeiro 7 de novembro chamando ao teléfono 660 81 44 42. Así hoxe será o último día para poder anotarse nesta celebración.

 

 

Este magosto, que será organizado pola Asociación Cultural A Trabe coa colaboración do Concello de Manzaneda, será amenizado coa actuación musical da agrupación local Airiños da Porta Falsa.

 

 

Iniciativa para compartir fotos dos Magostos en Manzaneda

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button