Apenas quedan cinco días para que se celebre o acto central do 50º aniversario do CD Barco, o concerto que Los Secretos darán na explanada de Cedíe, o sábado 14 de setembro, en plenas Festas do Cristo.
O concerto está previsto para as 23:30 horas pero será precedido pola banda local Sr. Jingles e continuará despois coa popular Sofía Cristo que pinchará xunto as Dj’s locais Jorge Rodríguez e Dani Argü.
As entradas anticipadas permanecen á venda por 22 euros no seguinte enlace: https://www.enterticket.es/eventos/50-aniversario-cd-barco-933813?fbclid=IwAR0US_QqTZDwGJSKyhoF0fzzuLdoAY03onE5eR_WlIWrUv1UWr9F-nVPtFw