CulturaCulturaEducación

Un alumno do IES Cosme López da Rúa recibe un dos premios de ESO ao esforzo e superación persoal

Estes galardóns valoran a capacidade de superación de dificultades do alumnado ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural
Entrada principal do IES Cosme López Rodríguez.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 201/18, cos que se recoñece o traballo de 20 alumnos. Todos eles cursaron 4º de ESO durante o pasado ano académico e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado.

Na provincia de Ourense os premiados son dous e cursan estudos no IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e no IES Xesús Taboada Chivite (Verín).

Segundo avanzan dende a consellería cada premio estará dotado con 750 €, aínda que o seu obxectivo real é que “os galardoados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares”, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

Artigos relacionados

Back to top button