CulturaCulturaÚltima hora

Un cartel cos nomes das mulleres do concello para celebrar o 8M en Parada de Sil

O venres proxectarán un vídeo con entrevistas a mulleres emprendedoras baixo o lema "En Parada de Sil o emprendemento ten nome de Muller”

 

Dun xeito moi especial celebraban este ano o Día Internacional da Muller en Parda de Sil. Para este 8M elaboraron un cartel que leva os nomes de todas as mulleres do concello. “Hai unha grande variedade, dende Preciosa ou África ata Kasri, Wendy ou Altagracia”, din dende o Concello, destacando a “multiculturalidade”.

Ademais, dentro da actividades do 8M está prevista para o venres ás 17 horas no Salón de Plenos, a proxección dun vídeo con entrevistas a mulleres emprendedoras baixo o lema “En Parada de Sil o emprendemento ten nome de Muller”.

 

Artigos relacionados

Back to top button