En portadaÚltima horaVídeos

Un cento de mulleres asisten á cea polo 8M en Petín

 

Fieis á cita polo Día Internacional da Muller, un cento de mulleres de diferentes idades asistían á cea organizada polo Concello de Petín que se celebraba na noite do sábado 9 de marzo no Teleclub.

Entre risas, charlas e moi bo ambiente, as asistentes degustaban un contundente menú a base de sopa e cocido completo, ademais do postre, viño, café e licores.

 

 

Despois chegaba  turno do baile, cunha sesión no mesmo local a cargo do dj Susi que fixo bailar ás asistentes ao ritmo dos temas máis marchosos, de hoxe e de sempre.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button