Novo accidente de tráfico, desta volta no centro do Barco de Valdeorras. Pasadas as 13 horas deste mércores 10 de xuño, un vehículo chocaba contra o valado no paseo do Malecón, xunto á fonte da ra, fronte ao Teatro Lauro Olmo.
Tal como indican fontes presenciais, parece ser que a condutora sufría un mareo e perdía o control do coche. Ata o lugar dos feitos acudían o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e unha ambulancia do 061 que trasladaba á muller ata o hospital para a súa observación.

