OurenseÚltima hora

Un coche acaba apoiado sobre o tellado dunha vivenda tras unha saída de vía en Vilardevós

Como consecuencia do accidente resultaban feridas catro persoas

 

Unha saída de vía producida na mañá deste xoves 25 de xullo en Vilardevós saldábase co coche accidentado apoiado sobre o tellado dunha vivenda e catro persoas feridas que eran evacuadas ao Hospital de Verín en ambulancia, tal como indican dende o 112 Galicia, asegurando que “na casa ninguén resultou ferido”.

Era o propio ocupante da casa, situada en Florderrei Vello (Arzádegos), quen chamaba para alertar de que “un coche caera por un terraplén e acabara apoiado sobre o tellado dunha edificación anexa á súa casa”, indicando ademais que “ningunha das persoas que viaxaban no vehículo accidentado estaba atrapada”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Vilardevós.

Artigos relacionados

Back to top button