A partir das 17h. desta tarde de 14 de xullo terá lugar a fina do XII Concurso Cociña con Castaña de Galicia na Aula de Cociña de Porto-Muíños (Praza Casares Quiroga, 5, Cambre, A Coruña).
As receitas finalistas do certame son as seguintes:
FINALISTAS CATEGORÍA SALGADA:
• Javier Cremades. Allobranco de Castaña de Galicia, melón e cecina de León
• Comiendobien.es. Timbal de tenreira e Castaña de Galicia con puré de castaña e pataca
FINALISTAS CATEGORÍA DOCE:
• David Luengo. Mochi de Castaña de Galicia e amorodo con xeado de Castaña sobre biscoito de froitos vermellos e salteado de mango.
• Fátima Lesta. Tarta fría de Castaña de Galicia e framboesas
FINALISTAS CATEGORÍA ESTUDANTES DE HOSTALARÍA:
• Alba Vila. Xeado de café con mousse de Castaña de Galicia ,toffe e aire cítrico.
• Hanwool Kim. Ourizo de montaña.
Dende a organización do concurso, en mans da IXP Castaña de Galicia, felicítase a todos os os participantes deste edición e tamén se amosa a súa “satisfacción polo uso dunha gran capacidade para crear pratos tradicionais e innovadores, as propostas con IXP Castaña de Galicia marabillánnos. Seguide así, e seguide sorprendendo con este tipo de receitas”.
E aos finalistas a organización dalles ánimos para esta final, que “preparen os seus ingredientes e a por toda. Sen dúbida veremos uns pratos saborosos e sorprendentes”.