ConcellosÚltima hora

Un Domingo de Ramos diferente

 

Cun Domingo de Ramos totalmente inusual vén de iniciarse este 5 de abril unha Semana Santa marcada polo coronavirus. Sen as tradicionais bendicións de ramos, nin procesións, nin eucaristía nas igrexas. Aínda así, esta celebración mantense viva no interior dos fogares e tamén no exterior con xestos como o que recollen estas imaxes tomadas en Vilamartín de Valdeorras.

 

 

Os habitantes desta casa preparon con sumo coidado un elaborado cartel para compartir este Domingo de Ramos cos seus veciños e adornaban a porta da súa vivenda con este fermoso ramo de camelias, oliveira e loureiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button