OurenseÚltima hora

Un dos tramos máis espectaculares do Rallye de Ourense, en Barbadás

Como novidade, este ano Juan Carlos Villanueva “Marabú” e Pepe Sampayo, da Escudería Barbadás, competirán ao volante do seu mítico Ford Sierra Cosworth

Sinatura do convenio entre o Concello e a organización do rallye./ Cedida.

 

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaba onte un convenio de colaboración para que este municipio sexa escenario dun dos tramos do Rallye de Ourense. Por parte da Escudaría Ourense estampou a súa firma neste acordo de colaboración o presidente, Jano Fraga, ademais do concelleiro de Deportes, Abel Cortés Pérez.

É a segunda ocasión na que Barbadás acolle un tramo do Rallye de Ourense, despois de que na pasada edición Concello e organización firmaron un convenio similar. O tramo da proba ourensá que transcorrerá por este municipio será o mesmo do ano pasado, con saída na Valenzá e chegada a Toén. Xa na anterior edición resultou ser un dos máis espectaculares do rallye.

Como novidade, este ano Juan Carlos Villanueva “Marabú” e Pepe Sampayo, da Escudería Barbadás, competirán ao volante do seu mítico Ford Sierra Cosworth. Tamén repiten Benito Alonso Domínguez e Diego Félix González, censados ambos no Concello de Barbadás.

En concreto, os participantes no rallye afrontarán o tramo de Barbadás o segundo día da proba, o sábado 17. Terá unha lonxitude de 10,14 quilómetros, que serán percorridos por dúas veces: a primeira ás 10.30 horas e a segunda ás 14.50. A saída estará localizada na Valenzá, concretamente no Polideportivo, e a meta en Toén, a onde chegarán os participantes pola carretera de Moreiras.

Artigos relacionados

Back to top button