CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Un erro na primeira parte condena ao Barco á derrota pola mínima ante o Arzúa

Co 0-1 remataba o partido da terceira xornada de liga en 3ª RFEF disputado en Calabagueiros

 

Terceira xornada de liga e terceira derrota consecutiva para o CD Barco. O inicio de tempada está sendo frouxo para os rapaces de Javier Rey que na tarde deste domingo 25 de setembro vían como se lles escapaban outros tres puntos no partido disputado en Calabagueiros ante o Arzúa.

Tralas derrotas 0-1 ante o Arousa e 3-1 ante o Estradense, os barquenses saltaban ao terreo de xogo dispostos a sumar por fin, pero problemas no control do balón e un erro defensivo na primeira metade do encontro sentenciaba ao Barco a unha nova derrota pola mínima.

 

 

Tras un comezo de partido de tentativas por parte de ámbolos dous conxuntos, era o Arzúa quen se adiantaba no marcador grazas ao gol de Lucas no minuto 14. A partir de aí xa non houbo máis erros defensivos por parte de ningúns dos dous equipos e malia que na segunda metade o Barco amousou a súa cara máis ofensiva non foi capaz de traspasar a barreira dos coruñeses chegando ao final do encontro co 0-1 no macador.

A seguinte cita para os vermellos será no campo do Rápido de Bouzas que vén de empatar a 2 co Vilalbés.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button