SanidadeÚltima hora

Un estudo do doutor Cubiella sobre cancro colorrectal gana o XXIII Premio de Publicacións Científicas dos médicos ourensáns

O xurado cualificador deste certame tamén lle concedía un accésit a un traballo do doutor Gerardo Flórez, psiquiatra da Unidad de Condutas Aditivas (UCA) de Ourense

 

O doutor Joaquín Cubiella.

O Colexio Médico de Ourense ten previsto facer o 3 de abril ás 20h. a presentación dos traballos ganadores do XXIII Premio de Publicacións Científicas 2018 dos médicos ourensáns, que rende homenaxe nesta ocasión á doutora Begoña Presedo Garazo.

O xurado cualificador decidiu outorgar o premio ao doutor Joaquín Cubiella do Servizo de Dixestivo do CHUO (primeiro firmante) e a outros investigadores españoles pola publicación na revista Cancers do estudo titulado Targeted UPLC-MS Metabolic Analysis of Human Faeces Reveals Novel Low-Invasive Candidate Markers for Colorectal Cancer.

Neste traballo estúdase un novo biomarcador diagnóstico do cancro colorrectal -e o seu precursor o adenoma-, alternativo ao máis usado actualmente -o sangue oculta en feces-, mediante una tecnoloxía que permite analizar moléculas de pequeno tamaño: a metabolómica baseada na cromatografía líquida de alta resolución acoplada á espectrometría de masas. Con ela tense detectado unha combinación de sete metabolitos cunha elevada precisión para o diagnóstico e unha sensibilidade e especificidade do 83% e o 80%, polo que se plantexan estudos de validación para a transferencia desta tecnoloxía á práctica asistencial.

Ademais o xurado decidía conceder “polo seu importante valor e impacto, un accésit a outra publicación na revista PLOS One titulada Clinician ratings of the Comprehensive Assessment of Psychopathic Personality (CAPP) in a representative sample of Spanish prison inmates: New validity evidence. O seu primeiro firmante é o doutor Gerardo Flórez, psiquiatra da Unidade de Conductas Aditivas (UCA) de Ourense.

Segundo se indica dende o Colexio Médico de Ourense, o traballo amosa os resultados dun modelo de entrevista, Comprehensive Assessment of Psychopathic Personality (CAPP), na valoración da psicopatía nun grupo de 204 internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, que participaron voluntariamente e tras a sinatura dun consentimento informado.

 

Artigos relacionados

Back to top button