SanidadeÚltima hora

Un estudo do valdeorrés Jesús García Mata sobre o marcador “ki67 no cancro de mama precoz” gana o XXXIV Premio Cabaleiro Goás

O vindeiro 13 de marzo ás 19h. presentarase no Colexio Médico de Ourense un resume dos traballos científicos presentados nesta edición do certame

“Ki67 no cancro de mama precoz: relación con outras variables clinicopatolóxicas, impacto na supervivencia e valor prognóstico nos tumores luminais”. Este é o título do traballo ganador do XXXIV Premio Cabaleiro Goás, que convoca o Colexio Médico de Ourense. Un traballo científico realizado polos doutores Jesús García Mata e Jesús García Gómez do Servizo de Oncoloxía da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

“O cancro de mama é a neoplasia que maior mortalidade produce entre as mulleres. Para o seu adecuado tratamento é moi importante coñecer o prognóstico que presentan as pacientes dependendo das características do tumor. Ki-67 é un marcador de proliferación celular que se expresa en tumores con maior agresividade”, explican dende o Colexio Médico de Ourense.

Neste estudo analizouse nunha mostra de 1515 pacientes diagnosticadas e tratadas de cancro de mama precoz no CHUO a influencia de Ki-67 na evolución da enfermidade, comprobando que aqueles tumores que presentan maior expresión desta proteína asócianse cunha diminución na supervivencia das pacientes.

Ademais de premiar o traballo dos doutores García Mata e García Gómez, o xurado tamén decidir distinguir cun accésito ao traballo “Reprodución asistida en parellas de bo prognóstico: ¿estamos tratando en exceso?”, do que son autoras Paula Rubio Cid, Carmen Varillas del Río, Rita González Núñez e María Teresa Alves Pérez.

O vindeiro mércores 13 de marzo ás 19 horas presentarase na sede do Colexio Médico de Ourense un resumo destes Trabajos Científicos del XXXIV Premio Cabaleiro Goás. Este ano, o xurado cualificador e o Colexio Médico entenderon que, “dada a calidade de todos os traballos presentados, era interesante presentar algún máis en Sesión aberta”. E así poderá coñecerse un resumo dun terceir proxecto: “Efecto da Demora Atribuíble ao Sistema Sanitario no Prognóstico do Cancro Colorrectal (CCR)” cuxos autores son: Jesús Daniel Fernández de Castro, F. Baiocchi Ureta, R. Fernández González, N. Pin Vieito e J. Cubiella Fernández do Servizo de Dixestivo da EOXI de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button